Amosando publicacións coa etiqueta Eduardo Pondal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Eduardo Pondal. Amosar todas as publicacións

26/08/10

Lugares de Interese :: Monte Branco


O Monte Branco é un xigante de area e a atalaia da paisaxe de Ponteceso. É chamado así por estar recuberto da area que agatiña pola aba do monte, empurrada polos ventos do suroeste.

O escritor Eduardo Pondal dedicoulle un poema:

Monte Branco, monte Branco
Cando te vejo de longe
verto a soas triste pranto

Pois as nosas alegrías
ós dous nos foron fallando
a tí das túas areas
os ventos te despoxano
a min tamén me fallecen
aqueles gustos pasados
¡ Ti negreas ¡eu teño a cabeza
chea de cabelos brancos ¡

04/05/09

Camiño ao 17 de maio

A obra de Ramón Piñeiro non é moi abundante, e céntrase, na súa totalidade, na que se deu en chamar "filosofía da saudade". Así, a comezos dos 80, publicou Siñificado metafísico da saudade, notas pra unha filosofía galaico-portuguesa e Filosofía da saudade. Tamén destacan as súas traducións, en colaboración con Celestino Fernández de la Vega, das obras de Pokorny e Heidegger, que supuxeron no seu momento, segundo a RAG, "un paso decisivo na normalización do galego como lingua con capacidade para expresarse en todos os campos do saber, superando a súa cualificación como lingua "rural e poética" na que a tiñan encadrada moitos intelectuais españois da posguerra.
Saudade é unha especie de vaga lembranza nostálxica e cariñosa dun ben especial que está ausente, acompañado dun desexo de volver a velo ou posuílo. É unha única palabra para designar todas as variedades dese sentimento. Aínda que moi semellante á morriña, diferénciase desta en que non require un afastamento físico do obxecto amado, e nin sequera que este sexa algo concreto.
Este termo é case exclusivo do vocabulario da lingua galega e da portuguesa. A palabra vén do latín "solitas, solitatis" (soidade), posiblemente influída polos termos "saúde" e "saudar".
No fado, e en xeral na música popular galego-portuguesa, a saudade e a partida son temas constantes. Múltiplos artistas galegos, ademáis de Piñeiro, incluíron este tema nas súas obras; entre eles cabe citar a Rosalía de Castro, ou Eduardo Pondal.
Castelao, no seu libro Sempre en Galiza, analiza tamén este sentimento "tan galego".

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas