Amosando publicacións coa etiqueta Poesía galega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Poesía galega. Amosar todas as publicacións

20/03/11

Día mundial da poesía: 21 de marzo

Lois Pereiro. Poesía última de Amor e Enfermidade

1. Poemas póstumos (1992-94): "Curiosidade".

Curiosidade

Saber que está un á morte
e o corpo é unha paisaxe de batalla:
unha carnicería no cerebro.

¿Permitirías ti, amor deserto,
que nesta fevre penitente abrise
a derradeira porta e a pechase
detrás miña, sonámbulo e impasible,
ou porías o pé
entre ela e o destino?

novembro, 92

26/08/10

Lugares de Interese :: Monte Branco


O Monte Branco é un xigante de area e a atalaia da paisaxe de Ponteceso. É chamado así por estar recuberto da area que agatiña pola aba do monte, empurrada polos ventos do suroeste.

O escritor Eduardo Pondal dedicoulle un poema:

Monte Branco, monte Branco
Cando te vejo de longe
verto a soas triste pranto

Pois as nosas alegrías
ós dous nos foron fallando
a tí das túas areas
os ventos te despoxano
a min tamén me fallecen
aqueles gustos pasados
¡ Ti negreas ¡eu teño a cabeza
chea de cabelos brancos ¡

01/03/10

Poesía última de amor e enfermidade


Saber que está un á morte
e o corpo é unha paisaxe de batalla:
unha carnicería no cerebro.

¿Permitirías ti, amor deserto,
que nesta fevre penitente abrise
a derradeira porta e a pechase
detrás miña, sonámbulo e impasible,
ou porías o pé
entre ela e o destino?

LOIS PEREIRO

Ábrelle a porta ó día


Que sería de min sen a presencia
da túa lene risa luminosa,
que sería de min sen a promesa
do teu corpo froital xa floreado.

Que sería de min sen os teus beizos,
dóce veleño antigo que me invade,
que sería de min sen os teus ollos
de noite aluarada e desmedida.

Que sería de min sen os teus rios,
sen o teu pozo fondo en que me afogo,
sen a túa fonte de auga sempre viva.

Que sería de min sen as túas mans
que me estremecen, que me queiman vivo;
que sería de min sen ti á beira.

DARÍO XOÁN CABANA, Ábrelle a porta ó día
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas