Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras 2020. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras 2020. Amosar todas as publicacións

15/05/20

VIDA E OBRA DE RICARDO CARVALHO CALERO II

 En Curtisbiblio seguimos compartindo os traballos realizados para coñecer mellor a figura do escritor e estudoso Ricardo Carvalho Calero. Nesta ocasión, Martín Pérez  (1º Bach A) ofrécenos unha nova perspectiva sobre as etapas vitais do autor ferrolán complementada cunha escolma poética onde nos achega a súa cara máis íntima.

14/05/20

CARVALHO CALERO. LETRAS GALEGAS 2020

Entre as múltiples actividades que estes días nos chegan a través das redes destacamos o interesante traballo realizado polo IES de Arzúa: 

 

12/05/20

VIDA E OBRA DE RICARDO CARVALHO CALERO

     A celebración do Día das Letras non pode quedar esquecida aínda que non se poida realizar  nas aulas.  Nadia Fernández Blanco, de 1º Bach B,  ofrécenos un interesante e completo achegamento á vida  e obra do autor homenaxeado na seguinte presentación:

 

08/05/20

TELEXORNAL DÍA DAS LETRAS 2020

    Un ano máis chéganos a través das redes o magnífico traballo do CPI dos Dices (Rois- A Coruña) sobre o autor homenaxeado nesta edición da festa das nosas letras: Ricardo Carvalho Calero.



Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas