Amosando publicacións coa etiqueta Novidades. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Novidades. Amosar todas as publicacións

26/03/21

MÁIS TÍTULOS NOVOS NA BIBLIOTECA


Veñen de chegarnos varias películas novas, algún xogo -Pasapalabra, Trivial...- e tamén LIBROS DE LECTURA FÁCIL, para aqueles alumnos máis reaccios a ler ou con dificultades lectoras. Na zona da entrada podedes ver todas estas novidades. 

PASEN E LEAN... 

 

02/04/16

Masculino singular, nova obra de Carlos Negro



Despois Makinaria e Penúltimas tendencias, chega Masculino singular, nova obra de Carlos Negro. O autor, co que hai tres anos tivemos un encontro inolvidable, defínese a si mesmo como "vendedor de palabras", nunha entrevista realizada hai pouco por Belén López. 

31/10/13

El arte de dar clases - Santiago Petschen

El arte de dar clases de Santiago Petschen



     A clase é unha obra de arte menor. É o primeiro dos descubrimentos que o autor deste libro realiza tras a lectura de máis de cen eminentes cronistas -autores de libros de memorias- acerca da formación educativa que recibiron na súa infancia e na súa xuventude. Outro descubrimento é o poder, testemuñado con expresións moi fondas e entrañables, que posúen os profesores para constituírse en figuras coas que identificarse profundamente. No cumio da docencia, están os mestres que aplican, libremente, o que o seu persoal carisma lles inspira. E nos entreactos, o libro trata do que se fai ben e mal a propósito da autoridade, a plasticidade, a densidade, o tempo, a presenza, o fala, os xestos... Todo un breviario de meditación pedagóxica sobre un trasfondo moi amplo de cultura contemporánea.




Vía Plaza y Valdés Editores

10/12/12

Prestige, tal como foi, tal como fomos



Xosé Manuel Pereiro presentou este martes na Coruña Prestige, tal como foi, tal como fomos, unha crónica do desastre que vai desde os erros de xestión do desastre ata as solucións políticas, pasando pola reacción da xente, que para o autor demostrou "que Galicia estaba moito máis viva do que nos parecía".

05/12/12

Los amos del mundo


"Unha análise rigorosa dos mecanismos en que se basea o poder da banca e dos grupos económicos que dominan o mundo, e a explicación con palabras sinxelas dos segredos dunha globalización financeira insolidaria e irracional"

Vicenç Navarro foi Catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Barcelona e actualmente é Catedrático de Ciencias Políticas e Sociais na Universidade Pompeu Fabra (Barcelona, España). Nesta entrevista preséntanos o seu libro escrito conxuntamente con Juan Torres, onde pon en xaque a concentración do poder económico en mans das elites financeiras para manipular os mecanismos da economía ao servizo dos seus intereses: os intereses do terrorismo financeiro.

Vía attac.tv

23/10/12

No es economía, es ideología


¿Qué proponemos? Frente a los recortes reactivación, reformas frente a contra reformas. En definitiva, poner el pensamiento económico al servicio de los ciudadanos. 

En "No es economía, es ideología", Economistas frente a la crisis denuncia a manipulación da economía para xustificar políticas que non se compadecen co interese xeral, que só serven como instrumento dun gran proxecto político liderado por Alemaña que se chama "depreciación interna", que a realidade refuta como solución solvente para saír da crise  sen deteriorar o modelo de Estado de Benestar que fundamenta a cohesión interna da Unión Europea e á Unión Europea mesma. Este libro, no que participaron diferentes economistas, membros de EFC, especializados nos temas polos que discorre o libro, analiza a crise nas súas manifestacións máis relevantes e propón alternativas e reformas concretas naqueles aspectos críticos para unha recuperación da nosa economía que non ignore os intereses da cidadanía. A iniciativa de EFC, con esta publicación, insérese no seu empeño de pór o pensamento económico ao servizo dos cidadáns reivindicando a Economía como unha ciencia social que carece de sentido senón serve ao benestar e ao progreso.

20/05/12

¡ACABAD YA CON ESTA CRISIS! - Paul Krugman

Paul Krugman, Premio Nobel de Economía en 2008, escribiu un libro realmente extraordinario en que as causas da actual crise económica, os motivos que conducen a que sigamos sufrindo hoxe as súas consecuencias e a forma de saír dela, recuperando os postos de traballo e os dereitos sociais ameazados polos recortes, explícanse cunha claridade e sinxeleza que calquera pode, e debería, entender.

"Nacións ricas en recursos, talento e coñecementos - os ingredientes necesarios para alcanzar a prosperidade e un nivel de vida decente para todos - atópanse nun estado de intenso sufrimento". Como chegamos a esta situación? E, sobre todo, como podemos saír dela? Krugman expón estas cuestións coa súa habitual lucidez e ofrécenos a evidencia de que unha pronta recuperación é posible, se os nosos dirixentes teñen a claridade intelectual e a vontade política de acabar xa con esta crise.

10/11/11

La energía liberada

Vivimos nunha cultura social que só mira a superficie. Pero sabemos que debaixo da cortiza terrestre xérase un tipo de enerxía que en ocasións se libera e xera vida. Así mesmo a sociedade vese alterada por forzas económicas, mediáticas, políticas moi activas "o neoliberalismo, os gobernos sometidos aos poderes económicos, Barack Obama, os países emerxentes, a Unión Europea, España", de complexa estrutura e variados matices, que inflúen nela dun ou outro xeito, empúxanse ou alíanse. Este é o tempo dos grandes movementos. Necesitamos sentir que somos capaces de poder cambiar o noso presente para que non nos arrebaten os nosos dereitos, para que quen xestionan a nosa existencia non nos enganen co seu mutismo mentres se acumulan os agravios, para deixar de respirar tanta zozobra.

A xornalista Rosa María Artal, coordinadora e coautora de Reacciona, parte dunha metáfora xeolóxica para articular de xeito maxistral unha análise profunda da crise, por que non se remedia, que solucións está arbitrando a sociedade civil e o impacto de movementos como Wikileaks, o volcán islandés, o 15M ou o renacemento dunha conciencia cidadá. Un libro necesario que recolle a vehemencia e o empuxe dos cidadáns que loitan por conseguir cambiar os seus destinos, que xa son enerxía liberada e ansían sumar forzas a esa erupción, unha explosión de dignidade que actúe máis aló da superficie.

14/10/11

Febre

Sae do prelo a obra de Héctor Carré  gañadora do Premio Fundación Nova Caixa Galicia-Claudio San Martín de Literatura Xuvenil 2011.

Á espera de térmolo en man, velaquí a presentación editorial do libro:

Carmucha, unha moza de dazasete anos, non ten medo de nada nin se amedrenta ante ninguén. Despois de coñecer as inxustizas que se cometen na mina de volframio, as atrocidades do corrupto e desapiadado cabo Marelo, e sendo consciente da actitude submisa daquelas mulleres, decide mudar o rumbo da súa vida de señorita e poñerse ao servizo das persoas máis humildes. Félix, o fillo dos caseiros da súa familia, será dende entón o seu gardacostas, máis tamén o seu máis leal conselleiro, a súa sombra… Carmucha, esta afouta heroína, terá que enfrontarse a un inimigo infinitamente máis forte ca ela para acadar a súa independencia e liberarse da tutela paterna. A represión, a inxustiza e a violencia daquel tempo do volframio, no inicio dos anos corenta, entrelázanse nesta páxinas coa esperanza, o amor e a loita pola liberdade e a igualdade. Un western moderno, onde a pesar de que a súa loita é xusta, os heroes non son perfectos nin están exentos de culpa.

27/04/11

REACCIONA

REACCIONA. 10 razones por las que debes actuar frente a la crisis económica, política y social

Autores: José Luis Sampedro, Javier Pérez de Albéniz, Javier López Facal, Carlos Martínez, Ignacio Escolar, Rosa María Artal, Àngels Martínez i Castells, Juan Torres López, Baltasar Garzón, Federico Mayor Zaragoza, Lourdes Lucía

José Luís Sampedro, Federico Maior Zaragoza e Baltasar Garzón, entre outros, bríndannos 10 respostas cunha idea común: a necesidade de tomar postura e actuar pois aínda hai esperanza, hai solucións.




«Fronte aos perigos que afrontan as nosas sociedades interdependientes é tempo de acción, de participación, de non resignarse».
Stéphane Hessel

Reacciona trata de clarificar e canalizar a pesadumbre dun sector crecente da sociedade española coa crise económica, política e social que estamos vivindo, coa crise do sistema. E varios factores están en xogo: a nosa estabilidade, o equilibrio global, unha xeración de mozas sen futuro e o futuro mesmo. Unha mestura singular de especialistas, un comité de sabios, entre os que destaca José Luís Sampedro, que nos brinda dez respostas cunha idea común: a necesidade de tomar postura e actuar, de concienciarnos e espertar pois aínda hai esperanza, hai solucións. Unha cidadanía informada e responsable pode impedir os atropelos. Todos cun mesmo rumbo, cun obxectivo claro: defender a dignidade, a democracia e o ben común. chegou o momento. O primeiro paso é reaccionar.

03/04/11

Clara dice, Carlos Roncero

Me voy a mi cuarto, dijo levantándose.
¿Al ordenador otra vez? ¿no?, dijo el padre más a modo de crítica que de pregunta.
Estás siempre delante de esa pantalla, añadió la madre, no sé como puedes perder tanto el tiempo.
Julieta sintió entonces un intenso impulso de coger su plato vacío y lanzarlo contra el televisor, pero no lo hizo; prefirió marcharse a su dormitorio con un nudo de impotencia y frustración en la garganta. Esa noche, sin embargo, no usó el ordenador; no por despecho hacia sus padres, sino porque por primera vez en su vida lo veía como un ente amenazante que probablemente cobraría vida para reclamar venganza.



Clara dice, é unha novela inspirada en feitos reais, que incide nun dos temas candentes da sociedade actual e que nos mostra o aspecto máis escuro que pode ter Internet na vida dos mozos, que adoptaron o correo electrónico, os chats e as redes sociais como ferramentas básicas para relacionarse co mundo que os rodea.

01/03/11

¡Indignaos! de Stéphane Hessel

"Non, esta ameaza [o fascismo] non desapareceu totalmente. Chamemos sempre a « unha verdadeira insurrección pacífica contra os medios de comunicación de masas que propoñen como horizonte para a nosa xuventude só o consumo en masa, o desprezo dos máis débiles e da cultura, a amnesia xeneralizada e a competición con decisión de todos contra todos».

Tratáse do libro ¡Indignaos!, escrito por Stéphane Hessel, un veterano da resistencia francesa de 93 anos, no que invita sobre todo aos mozos a desperezarse e a cambiar a indiferenza por unha indignación activa, pola «insurrección pacífica". É unha mensaxe de esperanza e de rebeldía a millóns de lectores aos que invita a «non claudicar nin deixarse impresionar pola ditadura actual dos mercados financeiros que ameaza a paz e a democracia», porque «xa é hora de que a preocupación pola ética, pola xustiza, polo equilibro duradeiro prevalezan».



O libro, de 32 páxinas, publicado por Destino, ten prólogo de José Luis Sampedro, unha exclusiva reflexión para a edición española titulada Yo también.


Rebelión.org/Indígnate

10/02/11

Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea

Título: Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea
Autora: Annabel Pitcher
Editorial: Siruela



Pouco antes de cumprir dez anos, o pequeno Jamie vaise vivir ao norte de Londres co seu pai separado, a súa irmá adolescente Jasmine e o seu gato Roger para empezar dende cero. Pasaron cinco anos dende a morte de Rose, a xemelga de Jasmine, nun atentado terrorista islámico en Londres. Os seus pais non conseguiron superar a dor e parece que Jasmine tampouco: tinguiuse o pelo de rosa, fíxose piercings e optou por non comer. A familia caeuse. Pero en todo ese tempo Jamie non derramou unha soa bágoa. Para el Rose, cuxas cinzas repousan na repisa da cheminea, non é máis que un recordo afastado. Interésanlle moito máis o seu gato Roger, a camiseta de Spiderman que lle regalaron polo seu aniversario ou que o seu pai non se decate de que se fixo amigo dunha nena musulmá paquistaní. Un día, ao ver na televisión un anuncio buscando novos talentos que saiban cantar, convéncese de que iso pode facer que as cousas cambien e que toda a familia poida saír adiante.

Déixovos aquí o book trailer da novela na súa versión orixinal en inglés.

09/02/11

Para que la sombra no sea - Luis Rodríguez Cao

Para que la sombra no sea
Autor: Luis Rodríguez Cao
Presentación: Libraría Nós, xoves 10 de febreiro ás 20 horas.

A nova obra de Luis Rodríguez Cao, dirixida ao público infantil, pero con intención de que sexa tamén lida por adultos, explora o mundo de dous nenos superdotados de cinco anos, Minia e Alex, cuxa creatividade e sensibilidade chocan cunha estrutura escolar que os exclúe, temática que coñece ben o autor polas súas responsabilidades como coordinador do área de Sobredotación Intelectual da Consellería de Educación na provincia da Coruña.

Isabel Bravo, xornalista da Cadea Ser, presentará o libro e a sorpresa musical da reunión correrá a cargo de Maite Bárbara, profesora de canto no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Fundación Libélula


Fundación Libélula
Autora: Yashmina Hawki Aziz
Editorial: Xerais

Gladys, Helena e Laura arrastran vidas moi difíciles. Ningunha delas elixiu o pesado lastre dunhas circunstancias provocadas pola escravitude sexual, polo maltrato familiar ou pola precariedade laboral que sofren atadas de pés e mans. Serán os fíos de apoio que a avogada María Xosé Muradas e as súas compañeiras van tecendo dende o xermolo da “Fundación Libélula” de axuda ás mulleres en situación precaria os que lles permiten enxergar a posibilidade de comezar unha nova vida. Mais, a pesar das esperanzas acuñadas deberán seguir loitando, xa que as cousas ás veces empeoran antes de mellorar.

Vía Xerais
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas