Amosando publicacións coa etiqueta Chus Pato. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Chus Pato. Amosar todas as publicacións

26/06/09

Novo libro de Chus Pato

INTERESANTÍSIMO
http://ofunambulistacoxo.blogspot.com/2009/06/negactividades.html

Secesión é o primeiro libro non estritamente "poesía" de Chus Pato.A obra é una miscelanea: hai crónica en Carta de Tánxer, teoría do poema en forma de diario, aforismos de Anacos dun abecedario, en Cárpatos ao lonxe o rexistro da súa experiencia no museo do campo de concentración de Auschwitz-Birkenau.Para a autora Secesión pode funcionar como unha guía de lectura da pentaloxía; quizais sexa a función do libro, entre outras
Así encabeza Pato a páxina de dedicatorias do libro: "Ten que ver coa lembranza e a reivindicación da palabra no contexto artístico das primeiras vangardas históricas".

19/04/09

Galardóns da Crítica no 2009



Na modalidade de poesía Chus Pato, por Hordas de escritura.

Hordas de escritura é o noveno poemario publicado pola xa mítica autora ourensá Chus Pato. Na súa literatura comprometida, combina o seu marxismo e galeguismo con constantes referencias aos mitos greco-latinos. Pato reivindica unha animalidade liberadora no seu último libro"A horda é a esfera perfecta, que vive centrada en si mesma e para si. É un modo de relación humana perfecta. Porque é o espazo de cobertura perfecta para os seres humanos, como o ventre materno. Por outra banda, remítenos á idea de movemento continuo, mobilidade, coma a dos bárbaros, coa súa liberdade absoluta "

A idea de horda tamén está conectada co tratamento do tempo e do espazo que Pato achega nesta obra. "O libro é unha reflexión sobre o espazo, como o foron outros que publiquei, aínda que esta é a primeira vez que reflexiono tamén sobre o tempo"
O libro interpela nas súas páxinas ao lector. "Do mesmo xeito que se fala da morte do autor, eu falo da morte do lector. Escribo para que me lean. Interpelar ao lector é un xeito de reflectir esa necesidade de que haxa alguén aí. Entón aparece a dúbida. Existe o lector, existe o poema, e exista a poeta, ou son intercambiables? Porque a autora pode se lectora, o lector pode ser poema...".

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas