19/04/09

Galardóns da Crítica no 2009



Na modalidade de poesía Chus Pato, por Hordas de escritura.

Hordas de escritura é o noveno poemario publicado pola xa mítica autora ourensá Chus Pato. Na súa literatura comprometida, combina o seu marxismo e galeguismo con constantes referencias aos mitos greco-latinos. Pato reivindica unha animalidade liberadora no seu último libro"A horda é a esfera perfecta, que vive centrada en si mesma e para si. É un modo de relación humana perfecta. Porque é o espazo de cobertura perfecta para os seres humanos, como o ventre materno. Por outra banda, remítenos á idea de movemento continuo, mobilidade, coma a dos bárbaros, coa súa liberdade absoluta "

A idea de horda tamén está conectada co tratamento do tempo e do espazo que Pato achega nesta obra. "O libro é unha reflexión sobre o espazo, como o foron outros que publiquei, aínda que esta é a primeira vez que reflexiono tamén sobre o tempo"
O libro interpela nas súas páxinas ao lector. "Do mesmo xeito que se fala da morte do autor, eu falo da morte do lector. Escribo para que me lean. Interpelar ao lector é un xeito de reflectir esa necesidade de que haxa alguén aí. Entón aparece a dúbida. Existe o lector, existe o poema, e exista a poeta, ou son intercambiables? Porque a autora pode se lectora, o lector pode ser poema...".

2 comentarios:

  1. Para escoitala
    http://www.cervantesvirtual.com/portal/poesia/audio_poesia.formato?titulo=Louise+Labb%E9+%E9+un+verso...&autor=Chus+Pato&archivo=Chus_Pato_Enrique/1&ref=12733&enlace=chus&multimedia=si&foto=/portal/poesia/chus/poema6.gif&ref2=11198
    http://www.cervantesvirtual.com/portal/poesia/audio_poesia.formato?titulo=As%
    ED+a+voz&autor=Chus+Pato&archivo=Chus_Pato_Enrique/2&ref=12733&enlace=chus&multimedia=si&foto=/portal/poesia/chus/poema8.gif&ref2=11200

    ResponderEliminar
  2. O libro está estruturado en tres partes. "Na primeira, influenciada por Peter Handke, a autora non é quen escribe, senón que o fai unha narradora ficticia, unha ‘negra’. Hai unha aventureira que viaxa moito. Na segunda parte, máis radical, introducín dentro da estrutura lírica a narrativa. Está o tema do dobre, JeKyll... É unha fisión da técnica narrativa de Robe-Grillet coa intensidade romántica de Hölderlin. Na terceira prodúcese o estourido absoluto, e unha fisión entre Ashberi, os últimos títulos que lin de poesía galega e Agamben. Cando escribín esta terceira parte visitei Auswitcht", contou.
    "Introduzo mitos como un material máis, aínda que nesta obra si hai unha invocación a Orfeo. O libro non son eu nin ninguén: son palabras. Nin son feitos concretos. Está Galicia,si. A idea aquí é que os galegos tendemos a percibirnos como un pobo moi maltratado pola historia. En realidade, o século XX foi destrutivo para moitos pobos. Esquecemos a parte de responsabilidade que temos na nosa propia destrución",

    ResponderEliminar

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas