01/12/11

1 decembro - Día Mundial da Loita conta a SIDA

Hoxe celébrase o 30 aniversario do descubrimento do virus do SIDA (VIH). Con este día o que se conmemora é un chamamento á acción para axudar a erradicar esta enfermidade.

Desde a plataforma ONE, invítannos a utilizar a nova ferramenta dixital 2015quilt.com, unha peza ou mural de arte urbana para que através dela, podamos achegar o noso graniño de area ou a nosa pequena mostra de apoio para loitar por un fito histórico: unha nova xeración SEN SIDA en máis de 30 anos. Este é o vídeo da campaña:




Moitos famosos uníronse a esta campaña. Annie Lennox, Kate Hudson, Gisele Bundchen e outros moitos famosos xa participaron na creación dun marco para ser engadido no gran mural de 2015 QUILT (quilt significa edredón en inglés). Anímate a participar creando o teu propio marco para engadilo a este grandísimo panel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas