
O novo libro de Manuel Rivas ofrece unha visión panorámica e intimista da Coruña popular dos anos 50 e 60, mesturando elementos de ficción e autobiográficos. Constitúe tamén un relato da iniciación á vida por parte dos irmáns Manuel e María Rivas. O libro incorpora fotografías do álbum persoal do autor.
“O relato dos afáns dos membros dunha familia traballadora –un albanel, unha leiteira e catro fillos, que constrúen a súa vida, primeiro na rúa da Marola do Monte Alto e logo en Castro de Elviña, onde rolan os ventos– é a novela da vida de todos os humildes e todos os anónimos” comenta o seu editor no blog de Xerais .

Coincide a presentación desta obra coa estrea do filme Todo é silencio baseado na novela homónima do escritor galego. Como xa acontecera con A lingua das bolboretas, José Luís Cuerda é o director desta adaptación cinematográfica que inaugura hoxe a 57 edición da Semana Internacional de Cine de Valladolid. A película, tal e como demos conta neste blog, foi rodada en Galicia e contou co propio autor da novela como guionista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario