O director manchego presentou o pasado mércores a rodaxe ( que leva varias semanas desenvolvéndose na zona da Costa da Morte) da súa próxima película, Todo é silencio, no Pazo de Santa Cruz, no concello de Oza dos Ríos.
Acompañaron ao director o produtor da cinta, Gerardo Herrero, o autor do guión , Manuel Rivas, e os seus tres protagonistas, Quim Gutiérrez, Miguel Ángel Silvestre e Celia Freijeiro.
O filme relata un complexo e emocional triángulo amoroso ambientado no narcotráfico galego da década dos 80. Non é a primeira vez que Cuerda e Rivas unen cinema e literatura, na memoria de todos está A lingua das bolboretas, baseada en tres relatos do libro Que me queres amor? Agardamos poder gozar o antes posible desta adaptación cinematográfica da fantástica novela de Rivas.
Manuel Rivas, José Luís Cuerda, Miguel Ángel Silvestre, Celia Freijeiro e Quim Gutiérrez
Ningún comentario:
Publicar un comentario