16/02/17

RECONSTRUIMOS NAS AULAS HISTORIAS DE AMOR... DE TODOS OS TEMPOS


      Con motivo do Día dos namorados promovemos desde o Equipo de biblioteca a reconstrución escrita e gráfica de historias de amor de todos os tempos, relacionadas coa literatura, co cinema, coa arte, coa historia... Grazas aos departamentos de linguas do noso IES conseguimos, co traballo na aula, artellar unha fermosísima exposición feita con paneis en castelán, galego, francés e inglés onde se recollen imaxes e narracións de máis de cincuenta historias sentimentais que forman xa parte da nosa cultura: Píramo e Tisbe, Romeo e Julieta, Ana Karenina e Bronski, Calisto e Melibea, Cyrano e Roxane, Celso Emilio e Moraima... Estes e moitos máis personaxes enchen o corredor da entrada neste mes, no que o concurso Amor omnia vincit, artellado sobre a información dos paneis, espera poder premiar aos máis curiosos... e aos máis habilidosos na busca de información.

 
Save

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas