13/02/17

NOVA EDICIÓN DO CONCURSO AMOR OMNIA VINCIT


       Con motivo da celebración do Día dos Namorados, mañá, 14 de febreiro, colocaranse no corredor da biblioteca máis de 50 carteis elaborados polo alumnado do IES baixo a coordinación do profesorado de linguas (inglés, francés, latín e grego, galego e castelán). Neles recóllense historias de amor de todos os tempos e de diferentes ámbitos da realidade (literatura, mitoloxía, cinema, pintura, ciencia...). 

         O equipo de biblioteca convoca, coa axuda do profesorado arriba citado, unha nova edición do concurso Amor omnia vincit, no que o alumnado inscrito deberá respostar tres cuestións diarias sobre información diversa recollida na exposición: animádevos, os dous equipos que acaden mellores resultados teñen o premio asegurado!! 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas