
Os intérpretes Verónica Echegui e José Coronado foron os encargados de dar a coñecer na sede da Academia a produción seleccionada polo xurado.
'Pa Negre' desenvólvese nos anos da posguerra rural en Cataluña. Andreu, un neno que pertence ó bando dos perdedores, atopa no bosque os cadáveres dun home e o seu fillo. As autoridades queren facer responsable a seu pai destas mortes, pero el, para axudarlle, intenta averigüar quen son os auténticos responsables. Neste percorrido Andreu desenvolve unha conciencia moral fronte a un mundo de adultos que está alimentado polas mentiras e, para sobrevivir, traizoa as súas propias raíces para acabar descubrindo o monstruo que habita nel.
Xornal.com 28/09/2011 - 14:34 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario