Desde 2001 o Día Europeo das Linguas celébrase cada 26 de setembro e neste ano cúmprense dez desde a súa institucionalización.
Europa posúe un tesouro lingüístico que cómpre manter: ademais das 23 linguas oficiais da UE, súmanse os idiomas de máis de 60 comunidades territoriais ou minoritarias, así como as linguas dos cidadáns orixinarios doutros países e continentes.
Para dar a coñecer esa diversidade, o Comité de Ministros do Consello de Europa decidiu instaurar a celebración anual do Día Europeo das Linguas.
Os obxectivos xerais do Día Europeo das Linguas son alertar a sociedade sobre a importancia da aprendizaxe de idiomas e diversificar a gama de linguas, promover a rica diversidade lingüística e cultural de Europa, que debe ser preservada e fomentada, e fomentar a aprendizaxe permanente de idiomas dentro e fóra dos centros educativos. Europa é un continente plurilingüe e Galicia achega, nese contexto, un elemento valioso para a súa característica diversidade: o galego.
Máis información: Europa plurilingüe
Ningún comentario:
Publicar un comentario