03/10/18

NOVO CURSO, NOVAS FORZAS



     Arrinca un ano máis a andadura de Curtisbiblio, a biblioteca do IES de Curtis, que abre as súas portas para que a comunidade educativa se poida beneficiar deste espazo e dos seus recursos.

   E esta vez, botamos a andar dobremente contentos. Detrás da nosa satisfacción está a ampliación dos andeis centrais, feita neste verán, que resolve o problema da falta de espazo e que permitiu a reorganización de fondos e da distribución do mobiliario. 


      
         A este feito engádese outro que nos anima a seguir traballando con empeño e ilusión:  a través do PLAMBE conseguimos unha partida ecónómica para ampliar fondos e para renovar o equipamento, neste caso, informático, asignadas grazas ó labor de creación de aprendizaxes que desde este espazo se vén facendo nos últimos anos. 

         E aquí estamos traballando, coma sempre: con novas forzas e con novas ideas!

      

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas