Vimos de rematar, un ano máis, as sesións de FORMACIÓN DE USUARIOS pensadas para o alumnado de 1º de ESO do noso instituto.
Como se trata de rapaces e rapazas novos no centro, o equipo de biblioteca adica neste primeiro trimestre, como xa é costume, un par de sesións a presentarlles o funcionamento deste espazo común do IES. Fálase con eles dos tipos de fondos dos que poden dispoñer, da distribución dos mesmos neste espazo, do funcionamento da CDU, dos blogs que poden visitar e nos que poden participar... Despois de ofrecer esta información, agárdalles unha tarefa por equipos na que competirán para ver quen aplica con maior acerto e rapidez o aprendido á hora de facer a busca de media ducia de materiais de distinto tipo. Que gañe o mellor!
Ningún comentario:
Publicar un comentario