Unha noite para recordar
Mariela, unha moza de 15 anos, vivía coa súa familia nunha casa antiga que había nunha pequena aldea case deshabitada. Achábanse nunha zona de pouca xente, xa que das casas que quedaban só eran dúas ou tres as que estaban ocupadas. A Mariela, nas tardes de verán, encantáballe pasear polos prados que había ao redor do cemiterio e así, de paso, tamén ía visitar os seus avós aos que por desgraza non puidera coñecer. Os seus pais, Xan e Lupe, sempre estaban moi pendentes dela, porque dende pequena tiña o costume de espertar e erguerse xa ben entrada a noite. Xa levaran varios sustos. Cando tiña só seis anos decatáronse de que a nena non estaba na cama e pasaron o resto da noite en busca dela, sen atopar rastro. Á mañá seguinte, despois de non pegar ollo en toda a noite, Lupe recibiu unha chamada da súa veciña Maribel dicíndolle que encontrara a cativa deitada diante da súa casa e que esta non sabía onde estaba nin que facía alí. A partir desa noite botou un ano enteiro levantándose polas noites, e os seus pais xa estaban desesperados.

Xa afastada do cemiterio a tranquilidade parecía que regresaba. Ía camiñando por unha corredoira de terra e os pés enterrábanselle no chan debido á cantidade de auga que caera. Tropezou cunha pedra con tan mala sorte que caeu por un barranco. Espertou ao día seguinte ao escoitar os berros dos seus pais e do resto dos veciños da aldea. Levaban toda a noite na súa busca, e por fin deran con ela. Estaba sentada xunto a unha árbore. Choraba desconsolada, ao mesmo tempo que a boca non paraba de tremerlle debido ao frío que ía. Non sabía que acontecera, nin de que maneira podía ter chegado ata alí.
Xa na casa, e unha vez que Mariela entrou en calor, os seus pais comezaron a preguntarlle o que pasara. Pero Mariela non lembraba nada do acontecido esa noite.
Mencía Corral Ares ( 3º ESO A)
Mencía Corral Ares ( 3º ESO A)
Ningún comentario:
Publicar un comentario