O EFECTO DA LÚA CHEA
A Pedriña era unha señora de avanzada idade que todos os días ás 7:00 da tarde ía co seu home, Pepe do Vinculeiro, recoller as vacas. Un día esqueceuse de que tiña que ir buscar os seus animais ao Cordal: cando se deu conta eran as 12:00 da noite. Saíu da súa casa e viuse envolta pola escuridade e os lóstregos, os cans ladraban ao lonxe…
Chegando ao monte escoitou ouvear os lobos; moi inqueda mirou cara atrás e viuse acurralada por sombras que non sabía de onde viñan. Botouse a correr para chegar canto antes ata onde deixara as súas vacas. Esgotada e toda mollada pola tromba de auga que caía, chegou ao Cordal e viu que os seus animais estaban rodeados por unha manda de lobos.
De súpeto, as bestas botáronse enriba delas e comezaron a atacalas. As vacas empezaron a tremer e a facer uns ruidos ben raros. A muller, sorprendida pola maneira de comportárense os seus animais, botou a correr co fin de levalos para a casa. O que non podía imaxinar ela era que algo sorprendente acababa de pasar: as vacas volvéranse carnívoras polo efecto da lúa chea e resistíanse ao ataque dos lobos.
Nun intre, viu que ían cara a ela para atacala: a que estaba máis lonxe tirouna ao chan e todas comezaron a trabarlle. Coméronlle un pedazo do brazo e a perna dereita ata deixala medio morta nunha poza de sangue.
Nun intre, viu que ían cara a ela para atacala: a que estaba máis lonxe tirouna ao chan e todas comezaron a trabarlle. Coméronlle un pedazo do brazo e a perna dereita ata deixala medio morta nunha poza de sangue.
O Vinculeiro, inquedo na súa casa pola tardanza da súa dona, colleu a chaqueta, puxo as botas de goma e botouse a andar cara ao Cordal. Cando chegou ao prado, atopou a muller tirada na entrada da leira: estaba morta, xa que fora arrastrada polas vacas e batira cun croio na cabeza. O pobre home non daba creto ao que estaba a ver: axeonllouse para tocala e caeu morto aos seus pés, vítima da impresión.
Os familiares, desesperados pola ausencia da parella, foron na súa busca: como nos os atopaban despois de varias horas buscandoos, decidiron comunicarllo á garda civil. Despois de moito percorrer os arredores, atopáronos na entrada da súa leira tirados un ao carón do outro.
Eles non querían testemuñar a súa morte sen saber antes a causa da defunción: decidiron facerlles a autopsia. No informe da Pedriña poñía que morrera desangrada porque as súas propias vacas lle trabaran. No do Vinculeiro poñía que sufrira un infarto, probablemente ao ver a súa muller morta.
Cando a familia coñeceu as causas da morte, decidiron matar as vacas xa que estaban tolas. Así non causarían máis desgrazas.
Este relato é unha creación colectiva feita por Amanda López, Daniel Peteiro, Sonia Martínez e Lidia Pereira, todos eles alumnos de 4º ESO C
Ningún comentario:
Publicar un comentario