O noso instituto ilustra estes días as súas instalacións coas pezas da exposición Cartas de Amor, unha mostra gráfica para sensibilizar á poboación máis nova sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala e, en definitiva, erradicar formas de relación asimétricas e violentas.
Cartas de Amor é unha mostra do cómic galego sobre violencia de xénero, con debuxos dos artistas Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, José Luís Méndez, Jack Mircala, Javier Olivares, David Pintor, Pirusca, Primitivo, Sonia Pulido, Paco Roca, Sergi San Julián, Eva Vázquez, Óscar Villán e Anxos Suma.
Esta mostra pretende motivar a reflexión sobre o paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella e a crueldade que, ás veces, vai asociada a elas, ante o incremento que se está a detectar dos casos de violencia verbal ou física nas relacións de parellas entre adolescentes.

Complementando esta mostra, deixamos aquí a Unidade Didáctica sobre Violencia de Xénero, elaborada polo Departamento de Orientación do noso centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario