17/12/17

A NETA DO SEÑOR LINH

      A celebración do Día dos Dereitos Humanos deunos a oportunidade de baixar dos andeis da nosa biblioteca unha selección de libros e películas onde se nos ofrecen diferentes visións relacionadas con este tema.   Lendo tamén aprendemos a respectar  e a comprender mellor o mundo no que vivimos.
      Jim Lei Dong recomenda  no blog do noso club de lectura o libro  A neta do señor Linh de Philippe Claudel.  
 




 A lectura  desta obra produciume moitos sentimentos negativos de rexeitamento contra a sociedade que permite a existencia das guerras e das graves consecuencias que estas provocan. A parte positiva sería, sen dúbida, a amizade que os dous homes comezan e a esperanza que este feito implica.  Como emigrante que son sentinme moi identificado coa temática  do libro e co personaxe do señor Linh. É moi duro estar nun país que non é o teu, moitas veces sentes como a maioría da xente non se comporta adecuadamente contigo. Eu recomendaría este libro a aquelas persoas que sexan sensibles e que queiran poñerse no lugar dos que sofren.

         Rematamos cunha famosa sentencia do autor latino Publio Terencio Africano que recolle perfectamente a reflexión que queremos transmitir:  Humani nihil a me alienum puto (Nada do humano me é alleo).

Recensión completa en  Fendetestas 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas