Co gallo da celebración o próximo 24 de outubro do Día das Bibliotecas (e baixo o lema proposto pola Asesoría: Ler Ciencia na Biblioteca, ) vimos de montar na zona de entrada do IES unha exposición (libros especializados, divulgativos, novelas, DVD, materiais de laboratorio...), creada para sacar dos andeis e vitrinas o saber científico e aproximalo, deste xeito, ao alumnado.
A inestimable colaboración do profesorado de CCNN, Física e Química e Bioloxía fixo posible que o Equipo de Biblioteca puidera levar adiante con éxito un dos primeiros proxectos do curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario