02/12/08

Do olfato

ulir: verbo neutro que se define no diccionario da RAG como "v.t. 1. Aplica-lo sentido do olfacto para percibi-lo olor de [algo]. Ulir unha rosa. // v.i. 2. Despedir olor. Non ole a nada. Ole a tabaco"
cheirar: verbo sinónimo do anterior, pero que pode ter significado neutro ou ben indicar connotacións negativas (ulir mal). Nalgunhas zonas úsase cheirar como se usa feder noutras.
feder: este é o verbo utilizado máis comunmente para dicir que algo cheira ou ule mal. Sinónimos: alcatrear, apestar, gafar
arrecender: e este é o verbo que se usa para indicar aspectos positivos do ulir, significa que algo ule ou cheira ben. Sinónimo: recender.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas