06/02/09

Grandes historia de amor; Drákula


O mérito de Coppola, é o de converter unha novela victoriana máis ou menos moralista nunha historia de amor romántico-metafísica de fin de milenio, onde Drácula xa non é soamente o monstro que sexualiza ás castas damiselas grazas á seu bautismo de sangue e, xa que logo, debe ser destruído por heroes decentes, leais e, por sobretodo, cristiáns, senón, un ser desgarrado pola perda da súa amada esposa, quen reencontra -reencarnación mediante- na súa viaxe a Inglaterra, logo de haberse pasado séculos en orxías de sangue sen sentido, que non lograban acabar do todo co recordo da súa amada.
O vampiro deixou de ser, na cultura contemporánea, o símbolo do mal, para converterse no emblema do outsider, como sinala a escritora de historias vamp-underground Poppy Z. Britte, "o vampiro non é soamente popularmente perenne, el é a única criatura sobrenatural que se converteu nun modelo de conduta". Segundo Britte, o asasino serial será o vampiro do novo milenio, o interesante desta radical afirmación é a humanización da figura do vampiro convertido en psychokiller, é dicir, aínda que nos resulte difícil de aceptar, nun mortal de carne e óso, a discursividad do terror convertida en nota vermella.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas