21/03/09

Premio a Xavier Docampo


A Federación de Libreiros de Galicia galardoou hoxe co premio Irmandade do Libro ao mellor autor a Xavier P. Docampo pola súa "extraordinaria faceta creadora" e a súa "contrastada vocación de traballo en favor do libro e da lectura".Asimesmo, informou a Federación, o xurado dos XVIII Premios Irmandade do Libro acordou galardoar como mellor obra editorial do ano 2008 a Ás flores do mal, de Editorial Galaxia; Guía das plantas de Galicia, de Edicións Xerais; e Colección Rescate, de Alvarellos Editora.Ademais, resultaron premiadas na categoría de mellor libro do ano 2008 as obras Fin de século en Palestina, de Miguel Anxo Murado; Festina lente, de Marcos S. Calveiro; e O xardín das pedras flotantes, de Manuel Lourenzo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas