09/04/09

Álzase a maior "catedral intelectual" da Rede


A Biblioteca Dixital Mundial pretende reunir as maiores xoias culturais do mundo. A Biblioteca Dixital Mundial (World Digital Library) poñerase en marcha o mes que vén na sede da UNESCO en París, cun presuposto multimillonario reunido con doazóns privadas entre as que se contan as de Google e Microsoft.
A nova Biblioteca Dixital Mundial pretende abranguer as máis prezadas xoias culturais de todo o mundo, dende Suecia a Suráfrica pasando por Arabia Saudí, aínda que contará coas limitacións impostas pola falta de dixitalización en moitos países en vías de desenvolvemento, sobre todo, de África. Conta coa colaboración de 32 institucións de todo o mundo, como a do Congreso de Estados Unidos e a Wellcome Collection, de Reino Unido, ademais dos comisarios da UNESCO. Será completamente gratuíta e estará traducida a sete idiomas. A ambición do proxecto non ten precedentes e xa foi presentado como "unha catedral cultural" on line.
Trátase dun plan de dixitalización similar ao da biblioteca Europeana, inaugurada o pasado novembro pola Unión Europea, tras dixitalizar millóns de libros, obras de arte, manuscritos, mapas, películas e documentos de audio e vídeo procedentes de bibliotecas nacionais e galerías de toda Europa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas