Ao pasar as páxinas deste libro, entre foto e foto, é como se abriramos xanelas ao espírito da terra, para atoparnos co maxestático e intemporal Nós que fomos e somos. Introducímonos aquí nun permanente convite de luces e sombras. Materia prima, abecedario, catecismo, para educar a ética e a estética fóra da domesticación consumista. Fotos como fiestras, ás que non lles cómpre texto, que se abren ao escenario rural de Galiza, ese confín do mundo, cargado de misterios e nostalxias. Fisterras que desde o oriente das alboradas emproan cara ao occidente dos solpores, celebrando ao sol, a Venus, feita cuncha e vida.
Coa colección “Galicia, terra, mar e xentes” a autora, preséntanos a Galicia máis cotiá, afastándose dos tradicionais libros de fotos que son como postais dos monumentos máis destacados. Para amantes das viaxes ao máis profundo dunha cultura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario