Doutor en Ciencias Económicas e Catedrático de Historia e Institucións Económicas da Universidade de Santiago.
As súas principais liñas de investigación son a historia industrial, a do complexo marítimo-pesqueiro e a historia económica de Galicia en xeral. As súas publicacións xiran arredor da industria do liño, a eléctrica, a siderúrxica e a agroalimentaria.
Significativos tamén son os seus traballos sobre a actividade extractiva e en especial sobre a industria de conservas de peixe. Publicou, ademais, diversos artigos, entre os que se atopan dúas sínteses sobre a historia económica da Galicia contemporánea, aparecidas respectivamente en Papeis de Economía Española e na Historia Económica Rexional de España editada por Editorial Crítica.Forma parte do Consello de Redacción da Revista de Historia Industrial e é membro do Consello da Asociación de Historia Económica. (Obras e publicacións)

Ningún comentario:
Publicar un comentario