Hoxe, celebrábase en Santiago de Compostela unha manifestación a favor do galego, co lema: O galego, a nosa columna vertebral. Este acto convocado, entre outras entidades, pola Mesa pola Normalización Lingüística partía da Alameda sobre as 12 e media da mañá e despois de recorrer varias rúas compostelás acababa na praza da Quintana, onde o veterano galeguista Avelino Pousa Antelo lía un comunicado acompañado de varios escritores/as.
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODOS/AS
Ningún comentario:
Publicar un comentario