Irmáns! En pé, sereos. A limpa frente erguida; o corazón aberto a toda verba amiga. En pé! En pé, dispostos a non morrer sen loita. A oliva nunha man, a fouce noutra. Berremos alto e forte: A nosa terra é nosa!".
Manuel Caamaño, presidente en funcións do Pedrón, botou man deste poema de Ramón Cabanillas para resumir os densos discursos de fervor pronunciados tanto por membros da institución (como David Otero ou Xosé Ramón Fandiño) como polos galardoados cos pedróns de Ouro e Honra (os compoñentes de A Quenlla, Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias, os populares Mini e Mero, así como a filóloga romanesa Mariana Ploae-Hanganu). Discursos, por outra banda, dirixidos por un sentido alegato de resistencia e de defensa da lingua, cultura e identidade galegas.
http://sarmientobiblioteca.blogspot.com/search?q=mini
Ningún comentario:
Publicar un comentario