25/06/09

Patrimonio inmaterial

Esta quinta feira preséntase no Museo do Pobo Galego o Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI). Este traballo xurdiu da evolución do proxecto Sons e Voces da Identidade, programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do propio museo, que se creou en abril de 2007.Nos momentos iniciais, o proxecto contou cunha abondosa "materia prima", consistente nunhas 600 fitas recollidas directamente, ou baixo a súa dirección, por Xosé Luís Rivas, Mini, e Baldomero Iglesias, Mero. Trátase de materiais gravados nos últimos 35 anos de informantes da Galiza rural. Tamén se dispuña no fondo do Museo dunha colección de gravacións realizadas en 1994, como resultado do proxecto interactivo museo-escola Recupera-la tradición oral. Despois dun laborioso proceso de tratamento das gravacións orixinais, transcrición e construción dunha base de datos, o APOI está en condicións de entrar en funcionamento.Un arquivo destas características, público e accesíbel e que dá conta da autoría das achegas que se incorporan, pasará a ser un arquivo para o pobo galego, e para quen teña a ben participar nel.
Nova, vía Vieiros

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas