![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjOvMusHugMkhmVFL1XZa1otu7ZTMj3OtOSQa110mcDOhVm6sVcfyPm117CmQ1P6O-Jw2_kCtTs_jthtABFHZSAIGMx47R3yER011UP-ATQUrf24jSuZkDNUshpinzV9ayb42R1VpBYwFU/s400/l1458.jpg)
O libro de Xosé Manuel Sarille narra o asedio que viviu Montecubeiro, unha aldea do concello de Castroverde (situada na montaña lucense) por persoas afíns o réxime
Dicían que a aldea era un niño de víboras porque había familias con ideas republicanas. Pero cebáronse non só con estas , senón tamén con persoas humildes que non tomaban parte parte na política da época e que atendían os seus labores como calquera labrego hoxe, só que pasando moitos máis traballos.
O fenómeno da emigración estivo moi presente nesta época en toda Galicia, pero na
aldea de Montecubeiro non só marcharon pola escaseza senón fuxindo do terror que se instalara na aldea.
A historia comeza cando ns Gardas Civis se enfrontan a unha partida de guerrilleiros nun concello limítrofe; foron detidos e algún confesou que en Montecubeiro había outros tantos. Os gardas civís presentáronse na aldea indo a procura deles. Cando un deles tentaba fuxir disparóuselle a escopeta, e produciuse un enfrontamento cos gardas no que morreu un deles e outro resultou ferido. Dende aquela a paz na aldea acabouse.
Había unha listaxe na alcaldía dunhas sesenta e cinco persoas. O párroco de Montecubeiro colaborou na elaboración. Posteriormente engadíronse vinte e cinco nomes máis. Os falanxistas e os cregos participaron na escolla macabra.
O libro conta algúns destes casos, destas vidas marcadas pola intolerancia e o fanatismo. Para min esta obra faite reflexionar sobre a inxustiza, a liberdade , a España dividida, a miseria que se viviu na posguerra, etc. É, sen dúbida, unha parte da nosa historia que debemos coñecer e que non debemos esquecer.
Sergio Ares 4º ESO A
Ningún comentario:
Publicar un comentario