O libro titúlase Os bicos de Tina e foi escrito por Alfonso Eiré recrea a primeira experiencia sexual de Tina e Daniel, dous nenos dunha aldea galega que viven o seu primeiro amor nos anos sesenta e se reencontran trinta anos despois.
A estrutura da novela é circular, comeza co reencontro dos seus protagonistas trinta anos despois cando Tina, con cincuenta anos, separada e con dous fillos, regresa á aldea logo de ter emigrado a Cataluña onde viviu cunha posición económica desafogada, e atopa a Daniel, algúns anos máis novo, co que viviu o seu primeiro amor. A lembranza das súas vivencias de nenez e mocidade está contada ademais a través dos ollos e dos sentimentos tanto de Daniel como de Tina.Con un lenguaxe direto e axil nos capítulos impares conta a historia o rapaz. Nos pares a rapariga repite o mesmo desde a súa óptica
A personaxe de Tina renega do seu pasado durante uns anos, mais remata volvendo á aldea. "Cando marcha á emigración, Tina rexeita a aldea e sitúase nunha boa posición até que regresa e rememora o que perdeu. Entón é cando reclama a súa liberdade para deitarse con quen quere, reencóntrase con Daniel como muller libre".
Ao longo do libro, Eiré relata os comportamentos que se agardaban de nenos e maiores no rural dos anos sesenta, como as rapazas quedaban na casa sen ir á escola para traballar a terra ou tiñan que ir aos talleres de costura case obrigadas.
Lee o artigo no Xornal é mui bo
http://www.xornal.com/artigo/2009/04/10/suplementos/nos/primeira-vez-novela-politicamente-pouco-correcta/2009041001203195113.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario