
Seis mulleres moi diferentes entre si asisten a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero onde, ao mesmo tempo, toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dá a voz a estas mulleres que, desde as súas diferenzas, conseguen atopar na unión a forza necesaria para sobreporse a un presente que as nega ou menospreza.
Unha lectura entretida , ás veces, ata hilarante. Inspiradas na figura liberadora da tía Davinia, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda fannos partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.
Hai película para ver un avance preme aquí
'Ou Club dá Calceta', un largometraje para televisión coproducido por Galicia e Cataluña e rodado en galego, con guión e dirección de Antón Dobao, se rodou íntegramente a finais do 2008.
ResponderEliminarEspazos como o barrio de Caranza, o cemiterio de Catabois, ou o Hospital Novoa Santos, convertéronse nos escenarios nos que se recrean as cinco vidas, marcadas por conflitos persoais e frustracións, dunhas mulleres que acaban coincidindo nun mesmo curso de calceta.