18/07/09

POLAFÍA


-Boas tardes, Maruxiña,
vouche decir unha cousa,
se ti me queres a minhe,
eu non me caso con outra
.
-Eu te quero, ben o sabes,
non precisas preguntar;
hai un ano que che dixen
que me quería casar.
-Tomaralo de risa,
pero díghocho de veras,
que ando buscando muller
e non topo quen me queira.
-Pois se ningunha te quere,
será porque tu eres malo,
ou porque che teñen medo
que non cumplas co traballo.
-Eu por malo non me teño,
e menos por folghazán,
solamente que as rapazas
dinme que son un larchán.
-Se cho dicen non se engañan
porque tu eres un capullas,
andas xogando con todas
e non cumples con ningunha
.
-Non te fíes, Maruxiña,
que eu pra ti hei ser formal,
dáme un bico, Maruxiña,
non me faghas rabear.
-Se ques que che dea o bico,
lévame xunto o altar,
que despois de casadiños
bicos non che han de faltar.
-Por un bico que che pido,
xa te pos tan enfadada,
que farás se che pedira
o que tes baixo da saia.
mentras estea solteira,
que nin ti nin un lambón,
ma ver a chocolateira.

1 comentario:

  1. -Pois eu teño que cha ver ,
    senón non caso contigho
    porque tamén podes ter
    alghún defeuto escondido.
    -Vaite d'aí galopín,
    boca de cadelo mouro,
    que xa non te quero máis
    aunque te coronen d'ouro
    -Pois eu tampouco te quero,
    ollos de ghata mamada,
    que te tes por moita cousa
    e pra min non vales nada.
    -Se che dera o que ti queres,
    sería boa rapaza,
    pero como non son tonta,
    busca outra que cho faga.
    -O mozo marchou correndo,
    a moza quedou decindo,
    esta saleuche torcida
    e vaia o demo contigo.

    ResponderEliminar

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas