
MIÑA NAI:No 1960 emigrei cara a Alemaña cunha tía, irmá de meu pai, con un contrato que nos mandaron outros tíos que xa estaban alá.Collemos o tren en Curtis para A Coruña, de Coruña cara Madrid, onde estivemos tres días pasando recoñecemento médico Alemán. En Madrid xuntámonos galegos, portugueses, andaluces… O cabo de 3 días de estar no hotel Norda todos xuntos partimos rumbo a Alemaña.Chegamos a Colonia e por un altavoz unhos señores nombrábamos polo nº de contrato para coller cada un o seu destino. A nos tocounos Osnabruck.Alí estábanos esperando os nosos tíos. O outro día pola mañá, fumos traballar a fábrica de costura; eso foi horrible, sen saber falar alemán, sen coñecer a ninguén, e prácticamente eu sabi algo de cómo era aquel traballo, cousa que miña tía descoñecía. Eu como lle daba boa maña tiven que cumplir o ano de contrato, pero a miña tía aos tres meses xa a despediron. No ano que cumplín o contrato entrei a traballar na fábrica de ches “Carmen Guía”. Alí foime mellor xa que os meus compañeiros falaban español. Todo o que aforrara gasteino para formar un fogar. E despois dun ano mendeille o contrato o meu mozo para que viñera vivir conmigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario