24/04/10

A Torre de Hércules xa aparece no mapa da UNESCO



O organismo das Nacións Unidas inclúe o monumento coruñés no novo atlas deseñado por National Geographic que recolle todas as marabillas do mundo declaradas patrimonio da humanidade.

A torre de Hércules, pese a presumir dende o 27 de xuño do ano pasado de ser unha das 890 marabillas do mundo catalogadas como patrimonio da humanidade, non figuraba no mapa que a Unesco publica regularmente. Pero xa aparece. Faino como o número 40 dos monumentos españois. (La Voz de Galicia, 24/04/2010)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas