27/04/10
III edición do Concurso Literario: Amosa a túa mellor cara
Letras Concurso "A túa mellor cara" organizado con motivo das Letras Galegas
Biblioteca de Vilasantar.
“Amosa a túa mellor cara”.
Participa no concurso enviando unha composición breve (como máximo un folio por unha cara) de tema libre en lingua galega. Todos/as os/as participantes recibirán un agasallo.
Bases do concurso.
1. Os traballos, de tema libre, estarán redactados en galego. A estensión está limitada á cara dunha folla de tamaño normal. Presentaranse sen asinar.
2. Nunha folla á parte, os participantes indicarán os seguintes datos: título ou primeira liña da composición, nome e apelidos, categoría, enderezo e número de teléfono.
3. Establécense catro categorías:
A) ata 10 anos.
1º Premio: Bicicleta, 2º: vale 50 € libros, 3º: vale 25 € libros.
B) de 10 a 14 anos.
1º Premio: Cámara de fotos, 2º: vale 50 € libros, 3º: 25 € libros
C) de 14 a 18 anos.
1º Premio: Videocámara, 2º: vale 50 € libros, 3º: 25 € libros
D) maiores de 18 anos.
Premio: Ordenador portátil
4. A entrega de traballos efectuarase antes do 11 de maio de 2010 na Biblioteca de Vilasantar ou en biblioteca@vilasantar.com
5. O Concello de Vilasantar nomeará un xurado, que escollerá os textos premiados, e un secretario/a que gardará os traballos ata a reunión do xurado e manterá en secreto a súa autoría ata o momento do fallo. Os textos presentados pasarán a ser propiedade don Concello.
6. O acto público de entrega de premios, no que todos os participantes recibirán un agasallo, terá lugar o venres 14 de maio de 2010, na semana das Letras Galegas, ás 16:30 h., no Local Social de Présaras.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
Ningún comentario:
Publicar un comentario