13/04/10

Terras outas soias do Caurel


A invocación ao Courel, ás "terras outas soias do Courel", d'Os Eidos volve cobrar a voz do propio Uxío Novoneyra da man da súa propia escrita na edición facsimilar que a Universidade de Santiago de Compostela ven de publicar. No ano en que as Letras renden homenaxe ao "poeta nacional" (en palabras da súa filla), a USC quíxose sumar coa edición do manuscrito autógrafo que Uxío compuxo entre 1952 e 1954, publicado por Galaxia en 1955.

Os eidos, os paxaros, os regatos, os caborcos ou os lobos volven cobrar vida neste universo do Courel da man da reedición deste poemario que contén a base e o fundamento primordial do que había ser todo un ciclo poético que o propio poeta comezaría a pechar coa edición de Os Eidos. Libro do Courel, onde reúne os poemas d'Os Eidos (1955) e d'Os Eidos-2 (1974).

1 comentario:

  1. Os Eidos é a obra de Uxío Novoneyra que estará recollida no libro Os Eidos,Libro do Courel e que forma parte da bibliografía deste autor homenaxeado este ano 2010 nas letras galegas.
    Dito poemario autógrafo do autor do Courel foi cualificado como “unha xoia bibliográfica” na súa presentación. A obra, foi descrita pola súa filla como unha “experiencia intensísima sobre a terra” onde se tratan temas tan importantes como a desaparición do espazo rural. Fernando Tarrío pola contra, define a obra de Novoneyra como un “iceberg poético” que, deixandonos escoitar tan só unhas cantas palabras, esconde en profundidade un universo”.

    Terras outas e soias!

    Serras longas mouras!

    Eu son esta coor de soedá

    Ancares soñados co lonxe!

    Penas de Marco de Meio Mundo en ringuileira do

    Candedo ás Moás!

    ResponderEliminar

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas