11/05/10

Cómo está a universidade.


Páxina de fans http://www.euxtanomato.com/

1 comentario:

  1. O seguinte texto procede do Blog de Arume dos piñeiros
    Disque e seica unha propaganda electoral dun candidato a reitor dunha universidade de recoñecido prestixio da terra dos antípodas (lamento ignorar o nome, pero era de por aí abaixo, do outro lado do mundo) subiu á rede un vídeo no que, a falta de mellores propostas, ben por cansanzo, por preguiza ou por fartura, promocionábase o excelente grao de satisfacción causado polo candidato a base de, ao parecer, graciosas e divertidas parodias de, ao parecer tamén, coñecidas figuras da televisión nacional de aquel país lonxano. Os devotos (devotas creo que menos) do candidato -que agora ignora se foi ou non foi que tal que sei eu, eu alá non fun el acó non veu nin eu llo pedín nin ela mo deu- amosan, polo que din os xornais antípodos, unha perplexidade polo que consideran falta de sentido do humor da peña (sic) ou peñuqui (sic) ou no mellor dos casos pola falta de cultura audiovisual e chundachunda que demostra o profesorado pureta dunha universidade que ten que camiñar polos vieiros da modernidade. Non faltan por alí ofendidos/as polo carácter machista, vulgar, zafio, ridículo, disparatado, indigno e indignante dalgunhas imaxes dos xa famosos vídeos, nin tampouco os que observan sorprendidos a escasa autoridade do propio candidato que, admitindo a escasa ou nula responsabilidade sobre tales prodixios creativos, non foi quen (ou Ken) de prohibilos ou eliminalos polo seu propio ben. Tampouco faltan, nin han faltar, os cínicos que advirten que se trata dunha cortina de fume (fume, entendámonos, non vaia ser) para que non se vexa que o que hai é o que hai e que non hai máis, nin os cachondos mentais que aproveitan a indubidable forza creadora dunha universidade antípoda, recoñecida polo mundo adiante, para gañar uns cartos de refilón, nunha clara mostra da decidida aposta polo I+D+I, das spinoffs e dos clústers platafórmicos de sinerxias consorciais das institucións de acolá.

    Se fose en calquera das nosas universidades que diríamos?

    ResponderEliminar

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas