14/05/10

Unha voz no pobo galego


A ladaíña é a oración que se recrea no poema de Novoneira. Algo que nos une aos galegos, como o rosario á familia católica. Un canto, unha oración, unha súplica na que a Virxe é a nosa terra. Unha longa lista de rogos aos que vai respondendo o coro.
Dicíase na posguerra española la familia que reza unida permanecerá unida e la familia que reza unida el Rosario reproduce un poco el clima de la casa de Nazaret. Na posguerra era habitual en moitas familias rezar o rosario xuntos. Presidían os avós (sobre todo as avoas) e un dos membros tiña que levar/dirixir a oración.
Que é o Rosario? O Santo Rosario é unha das devocións laicas máis populares entre católicos por todo o mundo. O seu nome formal é "O Santo Rosario da Santísima Virxe María." O Santo Rosario relaciónase con Santo Domingo de Guzmán (1170-1221). Desde o século quince en diante os dominicanos foron os promovedores principais do Rosario. En 1569 o Papa San Pio V estableceu o formato de quince Misterios como a versión oficial do Santo Rosario, autorizado pola Igrexa. No ano 2002, o Papa Juan Pablo II agregou cinco Misterios adicionais, agora hai vinte Misterios en total.
Como se reza o rosario? Co rosario na man faga o Sinal da Cruz , e rece o "Credo dos Apóstolos".
2 - Rece o primeiro Nosopai  e medite o Primeiro Misterio.
3 - Rece 10  Avemarías (unha por cada doa pequena); rece o " Gloria".  
4 - Rece o Nosopai e medite o Segundo Misterio; 10 Avemarías. Rece o "Gloria".
5 - Rece o Nosopai e medite o Terceiro Misterio; 10 Avemarías. Rece o "Gloria".
6 - Rece o Nosopai e medite o Cuarto Misterio; 10 Avemarías. Rece o "Gloria".
7 - Rece o Nosopai e medite o Quinto Misterio; 10 Avemarías. Rece o "Gloria".
8 - Un Nosopai e tres Avemarías polas intencións do Santo Padre.
9 - A Salve
10 - Ladaíñas da Virxe (Lauretanas) (É tradición angadilas ao final do rosario): Vexamos a versión galega e a latina -que moita xente sabía de memoria en latín na posguerra sen nunca estudar latín- tendo en conta que a cursiva é dita polo coro:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas