

Chegou cedo, as dez menos cuarto, e foise, axiña, as dez e media (Carpe Diem extremo) . Era moi bonitiño, pequeniño, agarimoso, enterneceunos co seu piar.
As dez menos cuarto entro na nosa aula, nunha caixa de cartón, as once e media Mónica depositou o seu corpo lene ,xa ríxido, na humeda terra de Curtís.
Descansa Baixo o noso Carballo de Alvarella, O seu pequeno corpo alimentará a árbore destinada a dar sombra no noso instituto
Un paxariño bastante pequeno , 14 cms, pero que se nota moito no bosque preto dos ríos. É doado de distinguir xa que o macho ten a cabeza, a gorxa e o centro do peito negro. As fazulas brancas e o dorso verdoso. É único.
ResponderEliminarHai moitos tipos de Ferreiriño. O da fotografía é un deles. O ferreiriño abelleiro é o que frecuenta máis os ríos galegos. Aliméntase de insectos, arácnidos, miñocas, vermes, etc pero preferentemente gústanlle moito as abellas
http://www.rios-galegos.com/ave9.htm