04/07/10

Cambios que nos afectan.

Os centros Quérote desaparecerán como tal a finais deste mesmo ano, cando a Consellería de Traballo os transforme nunha nova Rede Galega de Centros de Xuventude bautizada coma Espazo Xove. Estes centros tiñan como finalidade ofrecer información acerca dos anticonceptivos, a prevención de embarazos, as enfermidades de transmisión sexual ou dar resposta as dúbidas que puideran xurdir en torno á sexualidade cunha disposición de recursos nos que primaba a confidencialidade. Este labor que se producía nos Quérote axustábase ás recomendacións da Organización Mundial da Saúde en materia afectivo-sexual.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas