![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjpSoBU6E2xXTmafEIh9mye2bcuhnw7iWjh2CDdwya2zFqPvVfYUUIbyI5e_mYzbgO6rVjmn1Nb3FetpmxSmExFRVlXCnRpmJz2jemRRN0t25FzojXd5yPz6F7Vz16ROPG0jjC9polBEpDE/s400/esp1-1.jpg)
O fútbol , é un tipo de mito no que os xogadores vencen obstáculos, barreiras e perigos para alzarse coa vitoria, aínda que se perden, o intento convértese en drama e nunha deprimente sensación de fracaso. O filósofo grego Aristóteles dicía que asistir a un drama tráxico proporciona unha catarse. Así, un partido de futbol é a representación dun drama onde, se non resulta empate, un dos dous equipos está condenado á derrota, mentres que o outro leva os loureiros.
A tradición popular, a imaxinación colectiva e os medios de comunicación adoitan converter aos xogadores de futbol, sobre todo, aos da Selección Nacional, en auténticos heroes que ostentan calidades míticas. O atleta encarna un ideal mítico: Hércules ou Prometeo e, ás veces, tamén Narciso. Por iso, estes heroes serven de mediación entre o inconsciente individual e as pantasmas colectivas máis ou menos conscientes.
Os medios de comunicación converteron aos deportistas nos heroes míticos do noso tempo, desprazando aos próceres cos que a lei de educación laica había substituído, á súa vez, ao santoral da Igrexa no relato patriótico.
O fútbol posúe unha organización universal cuxo ritual cuatrienal convoca á representación colectiva de todos os países a renovar as esperanzas depositadas no seu equipo de modernos argonautas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario