
Poesía sin xénero, voz de beleza dura, diamantes con arestas, contrastes; a forza ferinte da nosa Lupe oposta á calidez ferida de Rosa Aneiros. Unha cantando a morte, a outra o nacemento, as dúas a dor de vivir conscentes. A paixon ferida, desaucagada, ferrada en verso de Xoan Abeleira fronte a dicción morna e repousada, tranquila como un regacho, doce ,de Cesario. Iolanda e Manolo ,tan ben, como sempre.
De pano e fondo e remate ,a música de Berrogüeto ca voz emocionada e emocionante de Xabier Díaz. O saír ,un sol de lume perdéndose no mar e na neboa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario