![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEisBy8D9S1cFf38Kz1pvdgf7iGxkNpsgch6j9lwtLTVwQKzgP120sVd4tRUv3Z66DSeYWaj3ivLr6V0cAds7_rGRYij28LybWafeSgEDxDT8zIBHjcxzoGeHqwNA2K1Caue02P1-W_2fcCr/s400/13317_1396139097252_1045443097_1123971_4748306_n.jpg)
Conscientes de que a letra entra mellor con tortilla e pan, organizan para este sábado día 10 de xullo un peculiar recital de poesía baixo o título Poesía Alimentaria. As escritoras Lucía Aldao, e María Lado conducirán un acto no que haberá poesía, performance, a desquiciada música improvisada de Mig Seoane e a inter...vención da pintora María Longa, que realizara un cadro o cal se sorteará ao final da noite.
Entre os poetas recitarán tamén a viguesa Ledicia Costas, Daniel Landesa, Laura Sáez, David Rodríguez, Lara do Ar e Miguel Valverde. Por suposto, e facendo honor ao seu título, haberá pinchos de balde para axudar a dixerir os versos.
Todo ás 21:30 na Galería Jazz. Ronda de don Bosco n. º 21 en Vigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario