27/08/10

En Ribeira

Como no Morrazo tamen Ribeira conta con unha fala de seu. Na seguinte páxina atoparedes unha achega de verbas e expresions alí empregadas. http://noticiasdorneiras.blogspot.com/2009/11/dissionario-de-vocablos-perdidos.html
Non solo é interesante desde o punto de vista da lingua, tamen é divertido. Aquí tedes unha mostra:
Aberto do peito: Cheo de rasón, con fundamento, querendo impoñer a súa presensia. Ex. "Ahí ven Tucho Villaverde aberto do peito".
Ambolia: Borracheira, lascarda, area, kurda ... Ex: "Vaia ambolia levabas o outro día, ibas coma un robó".
Atacuñar: 1- Obstruir ou tapar furados ou fendas 2- Desordenado ata o punto de impedir o paso.
Ex.: - Vai ahí ao faiado e cólleme un jávido.
- E quén carallo entra ahí que está cheo de lotes atacuñados.

Bochudo
: Feo coma a culpa, difisil de ver, demonio de fealdá. Ex.: "Qué estómajo tes meu, mira que botarlle un pesperrete a ese bochudo; hai que ter uns jüevos coma pelotas de Nivea "
Cotelaso
: Jolpe con los nudillos, a veses querendo (ca mán na cabesa daljén) e ás veses sin querer (co pé contra unha pedra, por exemplo). Tamén se dí da assión de empolvar o naris con fariña de Colombia en pequenas dosis para aforrar, poñendo esta dosis no escachapiollos. (véase escachapiollos).
Máis aquí

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas