O luns as oito e media farase, na Librería Arenas da Coruña, a presentación da antoloxía de poesía erótica Erato bajo la piel del deseo, publicado por Sial Ediciones. No acto participan Xosé María Paz Gago, catedrático da Universidade da Coruña e poeta, Pura Salceda, antóloga e poeta, e o editor Basilio Rodríguez Cañada. Tamén haberá un recital coa presenza de varios dos autores antologados: Luz Pozo Garza, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Estevo Creus, Lucía Novas, Emma Pedreira, Branca Vilela, Cesáreo Sánchez Iglesias, e Montserrat Doucet.
Entrada libre até completar capacidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario