Ata onde é capaz de chegar un pai para encubrir un fillo que comete un delito inxustificable? Debe prevalecer o instinto de protección paterna ou a lealdade a unhas normas sociais que garanten a coherencia e a fortaleza do grupo?
En decembro do 2005 un terrible suceso conmoveu Barcelona: tres mozos de familias acomodadas asasinaron a unha indixente nun caixeiro automático. O escritor holandés Herman Koch quedou impresionado pola noticia e decidiu tomala como base argumental da súa última novela, La cena, unha novela ácida e provocadora que apunta sen miramentos a toda unha clase social acomodada dos Países Baixos e, por extensión, de toda Europa, instalada nunha inercia de autosatisfacción e compracencia, e indiferente cara ao devir da xeración que ha de sucedela.
Dous irmáns e as súas respectivas esposas cítanse a cear nun luxoso e exclusivo restaurante de Ámsterdam, empezan falando da última película de moda e acaban discutindo sobre o futuro dos seus fillos de quince anos Michel e Rick, que, segundo algúns indicios, poderían estar envolvidos nun caso de violencia grave. Así pois, tras a sobremesa, a tensión entre os comensais alcanzará o seu punto culminante e a cadea de segredos e revelacións confluirá nun final dramático no que ninguén poderá esgrimir a súa inocencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario