16/10/10

Premio Planeta 2010

Riña de gatos, unha novela de intriga e reflexión, de Eduardo Mendoza, adxudicouse o Premio Planeta 2010.

O autor, que se presentaba baixo o pseudónimo de Ricardo Medina, asina un relato que se traslada á primavera de 1936. Un mozo inglés que é experto en pintura española antiga viaxa a España para taxar un posible Velázquez descoñecido, pero en Madrid xa se anuncia o que será a Guerra Civil...

"É unha novela de intriga e non quero desvelar moitas cousas", dixo. "Pero hai aventuras, misterio e reflexión sobre un momento histórico como é a preguerra civil". Segundo Mendoza trátase dun libro que "formula dilemas morais" ao lector que ten que posicionarse" "en varios aspectos". Unha narración na que interveñen personaxes reais e de ficción.

Web Premios Planeta de Novela

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas