La Voz de Galicia 08/10/2010
A corporación municipal de Curtis chegou a un acordo unánime no pleno extraordinario celebrado onte á primeira hora da mañá para solicitar á Consellería de Educación unha autorización excepcional para impartir o primeiro curso do ciclo medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas durante o curso 2010/2011, e adherirse ao acordo adoptado polo Consello Escolar do IES de Curtis. Tras a sesión, o Concello remitiu a resolución ao conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, ao director xeral Educación, Formación Profesional, Innovación Educativa, e á xefa territorial de Educación e Ordenación Universitaria. (máis)
Ningún comentario:
Publicar un comentario