Hoxe dous meses
Antes do divorcio
Volvina ver
Eiquí
Ó levantar o colchón
2 x 2 do noso leito
Pra limpar o po
O microaverno de insectos de pesadelo
Que medrou alimentándose
Dende e coa túa ausencia
Esa mancha carmesí
Ennegrecida polo dó
A túa pegada
Fluvial
A túa xilografía…
O sangue foi o noso
Símbolo astral
Dende o principio dos tempos
Da nosa orixe
O primeiro día
Da nosa Creación
Cando eu desaferrollei
A túa boeta
A primeira noite
Que nos fixemos e reinventamos
O Amor ti deitabas
Sangue
Pero non nos importou
O desexo era mor ca todo
Quixémonos enlevados
En tódalas camas de tódolos cuartos
Voando dunha curuxeira a outra
Unha parella de Chagall
Propalando esa eau-de-vie
Exquisita pola casa…
Logo
A primeira semana
Que convivimos
Amecidos
Amencendo
Onda a mar onda a illa
Tamén esbombaba
Tamén esbonchaba L’Eau Rouge
No teu val mercurial
Ferruxinoso
Eu
Humedecín varias veces o mostreiro
Nil
Furei varias veces o teu bolo do lar e
Certísimo de que nunca endexamais
Sentira algo tan real tan tan
Verdadeiro escribín sobre os teus peitos
Moi de vagariño
ÁMOTE
Moitas grazas.
ResponderEliminarhttp://xoanabeleira.blogaliza.org/2010/11/15/unha-manchea-de-sangue/